Unha divertida comedia, pensada para público familiar, que nos mergulla nos contos tradicionais de bruxas e feitizos.
A avóa e a mamá están preparando a cea, e que cociñarán?, se pregunta a pequena bruxa. Achégase ao caldeiro e berra: - Nooon!! Outra vez sopa de sapo!!! Todos os días sopa de sapo!! - Ben sabes pequena, di a avóa, que para ser unha boa bruxa …ou sexa unha bruxa como ten que ser… ou sexa unha bruxa pérfida e malvada non hai nada como comer a diario sopa de sapo.
Ficha artística
Autor: Artur Trillo Dirección: Artur Trillo Elenco: María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Rubén Prieto
Ficha técnica
Idioma: Galego Duración: 50 minutos Xénero: Comedia Infantil Idade recomendada: de 6 a 11 anos
Contenidos relacionados
 O SERVIDOR DE DOUS AMOS
Respetando o espíritu da Commedia dell`Arte oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo onde todo será posible, no que a mentira e a confusión serán a base do xogo e os distintos espazos mudarán á vista do espectador, para rir de todo e de todos, ata de nós mesmos.  UBÚ REI Tantas veces visitado o Ubú Rei de Alfred Jarry, desta vez poñemos os ollos para miralo desde o porto de Belfast, nunha versión que pretende conservar a distorsión sintáctica do orixinal e o seu carácter inxenuo e profundamente teatral.  PEQUENA Un espectáculo dirixido a público infantil, para descubrir o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden chegar a ser as grandes cousas, que case non ocupan espazo.  CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO Un espectáculo áxil e divertido, dirixido a público infantil e que pon en valor a amizade a través dunha estética expresionista.
Máximo Toxo, gran escritor, aínda que pouco coñecido. Vive pechado na súa casa, buscando acadar a obra perfecta, o libro polo que será recordado eternamente (e que lle permitirá pagar as súas débedas).  MUNDOS CONTADOS Unha atractiva viaxe que nos fará pensar en que planeta vivimos, poñendo de releve os aspectos diferenciadores das distintas culturas do mundo. Dín que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela.  VOLPONE Unha divertida comedia que retrata satíricamente a nobres e non tan nobres señores, que teñen como principal interés reunir fortunas sen importar o rídiculo que teñan que facer nen o custo que outros teñan que pagar.  E TI QUÉN VÉS SENDO? Que pasaría se, de súpeto, alguén ocupase o teu lugar na vida? Pero non alguén en xeral, senón unha copia exacta de ti mesmo, que coñece ata os máis íntimos detalles da túa vida. Como demostrar que un mesmo é o "auténtico" cando o "outro" é idéntico a un mesmo? Este é o arranque da peripecia do Anfitrión de Plauto, revisitada en clave actual por Cándido Pazó.
|